10-07-07 PORTO DO BERBÉS. VIGO.

Concha Nogueira Miguel

É unha das centos de viguesas que sofríu nas súas carnes as consecuencias da dictadura do xeneral Franco. Cando tiña tres anos, un máis que a súa irmá Carmiña, perderon ós seus pais cando estes, acompañados de sete compañeiros máis, trataban de abandonar o país ao bordo do bou Eva.
As irmás quedaron ao coidado dos seus avós e tíos paternos e aos doce anos Concha gañou o seu primeiro diñeiro dando clases a rapaces máis pequenos. Conseguíu chegar ser secretaria e uns anos máis tarde uns amigos lle deron a oportunidade de ir a Venezuela. Alí naceron os seus tres fillos e os seus catro netos.
Amante da cultura e da continua aprendizaxe, desenvolve con afervoamento o seu labor como secretaria da Asociación Máximo Gorki de Solidariedade entre os Pobos e colabora coa Marcha Mundial pola igualdade de dereitos de mulleres e homes. Milita no Partido Comunista e forma parte da Comisión Viguesa pola Memoria do 36.

 

12-07-07 MONTE DE SAN PEDRO. A CORUÑA.

María del Carmen Seijás. Marucha

María del Carmen Seijás mais coñecida como Maruxa de Queleré é filla e irman de tres anarquistas fusilados.
Ten 84 anos e naceu na Silva, lugar de represión característico pois era unha zona de movemento anarquista moi importante, alí construíuse o Ateneo Libertario-Anarquista o que seus irmáns pertenecían.

 

17-07-07 PAZO DE MEIRÁS. SADA.

Carlos Babío

Concellal de Sada con a súa experiencia propia o ter familiares os que lle arrebataron as terras para construír o Pazo de Meirás. Actualmente inmerso na loita por declarar ben de interes cultural o devandito Pazo, o que permitiría a súa recuperación pública e as medidas correspondentes de conservación e protección. Actualmente o seu estado e de abandono absoluto e a familia Franco oponse a calquer cambio na sua situación.

 

18-07-07 PORTA DO SOL. VIGO.

Xabier Moreda

 

xabiermoreda

Xabier Moreda, perruqueiro en Vigo, pertence a unha familia de profundo arraigo na sociedade viguesa e é moi coñecido polo seu activismo cultural en varias experiencias editoriais e artísticas. Militante comunista, é o candidato da formación Vigo de Esquerda. Conta coa experiencia de ter 11 familiares fusilados, entre eles, Lenin Moreda, morto no Levantamento de Carrero na Porta do Sol en Vigo.

 

19-07-07 CASA MUSEO CASARES QUIROGA. A CORUÑA.

Esther Varela Casares

 

varelacasares

Esther Varela Casares, neta e única descendente directa do político galego morto no exilio en 1950. Esther, de 75 años, reside en México e hasta agora optou sempre polo silencio e a reserva. Nese senso foi unha entrevista excepcional ademais por ser feita por primeira vez tamen na sua vella casa restaurada agora polo Concello da Coruña.
Filla deEsther Casares, a maior das duass irmans, e do capitán de caballería Enrique Varela, secretario do seu sogro e escolta de Manuel Azaña, en Xullo de 1936, Esther Varela tina catro anos e era unha feliz nena burguesa. Co alzamento faccioso, pasou a ser primeiro prácticamente unha orfa, co seu pai exiliado e a sua nai encarcelada, e después una apestada social, onstituindose incluso como uha refen de Franco durante longo tempo.

 

24-07-07 CASA DE CHONCHIÑA COMESAÑA. TUI.

Chonchiña Comesaña

 

chonchiña

A protagonista do “Lápis do carpinteiro”, con 94 anos e plena lucidez, contounos, na súa casa de Tui, a diferencia entre a realidade e o cine e as súas penúrias durante a guerra civil asi como o seu exílio mexicano.

 

26-07-07 XARDÍN DA CASA DE FRANCISCO. SAN PEDRO DE NÓS.

Francisco Díaz Pan

 

franciscodiazpan

Octoxenario víctima da represión franquista, irmán de dous anarquistas “fuxidos” e despois guerrilleiros xunto con Manuel Ponte. Os dous foron mortos durante a represión posterior, un deles inda descuberta a sua tumba fai moi pouco . Él mesmo ca su nai foi encarceado durante moito a pesar de que remataron por soltalo o non ter ningunha causa e proba contra él.

 

26-07-07 CASTELO SAN FELIPE. FERROL.

Enrique Abad

Informador e vixiante do Castelo de San Felipe, mostranos as distintas partes do Castelo, asi como a súa triste historia durante a guerra. Casualmente, o seu avó tamen foi un dos “fuxidos” o monte e posterior guerrilleiro.

Enrique Barrera

 

enriquebarrera

Secretario da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Ferrol como coñecedor dos actos de fusilamentos que se levaban a cabo no Castelo de San Felipe, contanos a historia e vida cotidián dos prisioneiros ali aloxados, as fiestras polas que vian os fusilamentos dos seus propios compañeiros, asi como os impactos que ainda quedan nos muros do Castelo.

Beatriz Rascado

 

beatrizrascado

Vocal da Asociación pola Recuperación da Memoria Histórica de Ferrol, pertence o comité organizador do Congreso da Memoria e neta dun encarcelado no Castelo de San Felipe.
Con ela recorremos unha das celdas onde o seu avó estivo preso mentras nos fala da súa testemuña e de como viviu aqueles días.

 

13-08-07 ESTRADA CÁRCERE DE LUGO. LUGO.

Claudio Rodríguez Fer

 

rodriguezfer

Membro da asociación de Dignificación das víctimas do fascismo de Lugo, poeta, narrador e ensayista en lingua galega. Foi catedrático de ensinanza media en Galicia e profesor nas Universidades da ciudade de Nueva Cork e de Santiago de Compostela. A súa obra poética caracterízase polo predominio do vitalismo libertario. No seu testimonio, realizado fronte o antigo cárcere de Lugo, falanos do Silencio da xeración posterior a represión, así como a súa opinión sobre o silencio que inda agora estase a dar. Explicanos tamén o significado da “Asociación pola Dignificación das víctimas do fascismo” expoñendo a necesidade de que estas sexan recoñecidas dignamente. Recorremos con el o km onde foi asesinado o pai de Isaac Díaz Pardo, Camilo Díaz Valiño, mentres recitanos un dos poemas por el creado e a él adicado.

 

13-08-07 CEMITERIO DE RÁBADE.

Carmen Blanco

Muller de Claudio Rodríguez Fer, membro da Asociación pola Dignificación das víctimas do fascismo de Lugo, profesora e poeta, especializouse no tema de Juana Capdevielle.
Contanos a historia de Juana Capdevielle, no cemiterio onde atópase o seu corpo e lápida. Juana Capdevielle naceu en Madrid o 12 de agosto de 1905 no seo dunha familia de pai francés. Fixo estudos de ensinanza media en Pamplona, onde destacou xa pola súa intelixencia. Con posterioridade cursou Filosofía e Letras en Madrid e entrou a formar parte do corpo de Arquiveiros e Bibliotecarios. Tamén na capital madrileña exerceu a súa profesión na Facultade de Filosofía e Letras e no Ateneo, onde potenciou a cooperación entre ambas institucións.
Con esta traxectoria de muller culta e progresista, vencellada formativamente a José Ortega y Gasset, de quen foi alumna, e a María Zambrano, de quen foi compañeira de estudos, casa polo civil en Madrid o 23 de marzo de 1936 con Francisco Pérez Carballo, brillante profesor universitario e político de Izquierda Republicana. Ao mes seguinte o seu home foi nomeado gobernador civil da Coruña e o matrimonio trasladouse a Galicia.
Cando tivo lugar o levantamento militar, permaneceu xunto ao seu home ata o 20 de xullo, día en que se prepara a digna resistencia do goberno civil. Ela, debido ao seu embarazo, refúxiase na casa dos López Abente, onde a manteñen incomunicada co exterior. O 24 de xullo foi asasinado o gobernador e, con posterioridade e sen ter coñecemento do feito, chamou ao goberno civil para ter noticias súas, facilitando deste modo ao inimigo o seu enderezo baixo o engano de que a irían buscar para levala xunto ao seu marido. Así foi detida e encarcerada na Coruña. A primeiros do mes de agosto saíu do cárcere coa prohibición de permanecer na Coruña e foi recollida en Vilaboa (Culleredo), na casa do deputado de Izquierda Republicana Vitorino Veiga. Aí recibiu o 18 de agosto a orde de deportación que non lle deu tempo a cumprir, pois esa mesma noite foi buscala a Garda Civil e á mañá seguinte apareceu o seu cadáver no Km. 526 da estrada Madrid-A Coruña, no Monte da Gándara, ás aforas de Rábade (Lugo).Recorremos o km 526 con Carmen, quen recita un poema elaborado por ela mesma, e a Juana adicado.

 

21-08-07 CASA DE JOSÉ OTERO. A CORUÑA.

José Otero

 

02-08-07 MONUMENTO "A VOLTA DOS 9". BAIONA.

Dionisio Pereira

 

dionisiopereira

Dionisio Pereira é historiador, especialista no movemento obreiro en Galicia, profesor de Ensino Medio. Investigador prolífico e dedicado ao estudo dos movementos sociais e a organización da clase obreira en Galiza. Autor de libros como A CNT na Galiza ou, recentemente, Foulas e ronseis.
Fálanos sobre a represión na provincia de Pontevedra, e concretamente sobre o acontecido en Baiona, onde o 15 de Outubro de 1936, 9 mariñeiros foron fusilados o pé do mar.
Contaremos tamén ca futura gravación de Dionisio o 2 de Outubro de 2007 nos xuzgados de A estrada, o ser xulgado por facer o que o seu traballo reclama: amosar todos aqueles datos inéditos, de relevo e contrastados (a partir de diversas fontes) que achou diante do estudo que vén desenvolvendo sobre a represión franquista na Terra de Montes.
Neste senso, Dionísio, dando conta do proceso de represión naquela rexión galega, non priva á sociedade do coñecimento dos nomes dos e das represaliadas nen dos represores.
Así, a citación que recibíu o historiador deriva dunha 'demanda de conciliación' impulsada pola familia dun dos aludidos pola súa "presunta" vinculación co devandito proceso.
No libro A IIª República e a Represión franquista no Concello de Cerdedo (Asociación Ecoloxista e Cultural Verbo Xido, 2006) e nas Actas do Congreso da Memoria (Narón, 2003) Dionisio fai constar a "presunta" participación deste e doutros falanxistas naqueles bárbaros sucesos.
A esixencia dos demandantes, e segundo as fontes consultadas, é que Dionisio Pereira se retracte do presentado como resultado das súas investigacións. Aliás, solicítaselle que publique esa retractación nos mesmos medios onde se publicaron eses seus resultados, incluíndo a petición dunha indemnización "polos danos e prexuízos sufridos".

 

27-08-07 CASA DE XOSÉ LUIS BÓVEDA. OURENSE.

Xosé Luis Bóveda

Xosé Luís Bóveda, fillo de Alexandre, fala da falta de coñecemento que existe sobre o seu pai, debido ao silencio ao que estivo sometido durante a dictadura.
Relata unha pequena biografía de Alexandre Bóveda e de cómo a súa desaparición, e como tras ser condenado a morte e fusilado no año 1936, no monte da “Caeira” en Pontevedra deu paso na familia e no seu entorno a unha larga etapa de «silencio sepulcral», durante a que non mantiveron vínculo algún co mundo do galeguismo.

 

28-08-07 A PONTE DA CASTELLANA.

Luis Lamela

 

luislamela

Lamela, actualmente subdirector de Servicios Operativos de Caixa Galicia, desde fai quince anos, é un dos principales investigadores sobre a guerra civil en Galicia. Empezou con Pepe Miñones, seguiu con Foucellas, los Inmolados gallegos , Estampas de injusticia e os efectos da contienda en A Coruña o Santiago. Realizou un traballo moi documentado sobre a represión e morte dos republicanos na zona da Ponte da Castellana.Na súa testemuña, fálanos dos actos de represión acontecidos na Ponte da Castellana así como recalca a necesidade da recolección de datos e ruptura do silencio dos nosos días.

 

04-09-07 MONTECUBEIRO. LUGO.

Manuel Sarille

Presidente Asociación para a Dignificación das Vítimas do Fascismo, Lugo. Historiador que adicouse a recolle-la historia vivida a partir da Guerra Civil polo seu pai, Manuel Sarille.
Son os recordos do cabeza da familia Sarille os que posibilitan un relato vivo e cru dos catorce fusilamentos acontecidos en Montecubeiro (Castroverde), que volveu revivir o seu fillo Manuel.
Á súa memoria viñeron recordos da recadación de igrexa para sufragar gastos do exército, do lume que illou a súa parroquia «para que non escapara ninguén, ningún roxo dos que figuraban nas listas para matar» e da vida que recobrou da man de Barbajosa «o meu anxo da garda». Sarille non ocultou que a morte de súa irmá, o exilio obrigado do seu irmán Bonifacio e a tarefa de cavar fosas ou sufrir con feridas alleas obrigoulle a pasar de neno a adulto.

 

05-09-07 ESCOLA DE TEO. TEO.

Severino Iglesias

Declaracións dun alumno do mestre perseguido e asesinado Bernardo Mato, todavía garda os traballos que o mestre mandáballe facer.
Bernardo Mato, republicano convencido e consecuente, durante anos impartiu clase na parroquia de Santa María de Teo, ata no ano 1936. Ano no que lle despoxou dela o fascismo criminal que asaltou o poder lexítimo de la II República Española, gobernada polo Frente Popular.

 

10-09-07 MONTE FURRIOLO. CELANOVA.

Arturo Pérez

Neto e fillo de Celso Pérez, anteriormente alcalde de Gomesende, perseguido e asesinado no Monte Furriolo en Celanova polos falanxistas da zona.
Fala da labor do seu pai e a súa historia e recordos daqueles días no monumento dos asesinados no Monte Furriolo, elaborado pola asociación Arraianós.
Lugar emblemático o ser un dos principais montes regados co sangue dos múltiples dos sentenciados a morte.

 

10-09-07 MOSTEIRO. OURENSE.

Ernesto Gómez del Valle

Declaracións en Mosteiro de Ernesto Gómez del Valle, fillo de emigrantes, poeta comunista, mártir e irmán de Manuel Gómez del Valle, poeta asesinado no 1936.
No exilio narra un relato estremecedor sobre as últimas horas do condenado: "Cando o sacerdote veu o piquete que apuntaba o peito dun valente, con tódalas súass forzas berrou: ‘Non mires a esos homes, nin os seus fusiles, mirame solo a mi e para esta cruz". Gómez del Valle, quen rechazou a venda, volveu os seus ollos por última vez á cruz.

 

10-09-07 A ESTRADA.

Xuicio a Dionisio Pereira

As cámaras de “Flores Tristes” lograron a grabación íntegra do primeiro xuicio celebrado en Galicia sobre a validez das testimuñas da guerra civil cando ainda viven os directamente acusados.

 

Flores_tristes

Unha película documental de
Teo Manuel Abad