En canto o material do que dispoñiamos xa, contamos coas grabación efectuadas antes de comenza-lo proiecto, por ser actos significativos que non admitian un aplazamento ou adecuacion a plans de produccion concretos como:

- O acto, realizado en Pedre, no concello de Cerdedo o 12 de Novembro, que representaba a segunda inauguración dun monumento e unha praca conmemorativa a Francisco Arca Valiñas e Secundino Bugallo Iglesias (dirixentes da sociedade “El Trabajo” da CNT e ámbolos dous paseados na Ponte do Barco o 12 de Agosto de 1936) o cal sufriu un “atentado” os poucos días da súa primeira inauguración o 12 de Agosto de 2006 no cal arrincaron a praca e fixéronna desaparecer.

Alí, tivemos a oportunidade tamén de recoller en video as testemuñas de dous dos familiares directos dos represaliados, por un lado, Roxelio Arca Rivas, fillo de Francisco Arca Valiñas, quen contou, na medida que puido, os seus recordos do feito e máis a testemuña dunha das netas de Secundino Bugallo Iglesias, María del Carmen Lorenzo Bugallo, da quen non contaban ca súa presencia.

exhumacion

- A primeira exhumación realizada en Galicia dende que o Goberno aprobara o 28 de Xullo a lei sobre a Memoria Histórica: a exhumación dos cadáveres de catro membros da mesma familia, naturales do municipio coruñés de As Pontes, que foron fusilados hace setenta anos, realizada pola Asociación da Recuperación da Memoria Histórica.

Santiago Macías, un dos fundadores da Asociación e outro dos nosos contactos, falounos do modo no que o Exército do Réxime deu morte as catro persoas da familia: Manuel Ramos de 67 anos, súa esposa, Juana Ferreiro de 59 e os seus fillos Manuel e José, de 28 e 21 anos
Relatando que primeiro mataron o pai e fillo maior, trasladando os seus corpos o cementerio para que a nai e mailo outro fillo fixeran un buraco onde enterralos e onde finalmente caeron mortos a causa dun disparo. A historia destes fusilamentos é coñecida polos veciños, tamén se conta que os falanxistas arrastraron, atados a un carro, os cadáveres de Manuel Ramos e o seu fillo ó cementerio.

- A gravacion de todo o material da exposición celebrada en Santiago de Compostela “Memorial da liberdade”

- A gravacion en Bos Aires da habitacion donde morreu, no exilio, Castelao

 

 

 

Flores_tristes

Unha película documental de
Teo Manuel Abad