05-08-07 FONSAGRADA. ASTURIAS.

Apertura da Fosa da Fonsagrada, No monte do Acebo están enterrados o comandante Moreno, anarquista coruñés que liderou o Batallón Galicia e 14 fusilados máis.
As 10:25 horas da mañán apareceron os primeiros osos da fosa común na que están soterrados quince combatentes republicanos, asesinados en outubro de 1937. Nove horas despois, unha trincheira de nove cadáveres apareceron o descuberto nunha franxa de 12 metros de lonxitude.
Ubicada nos lindes de Lugo e Asturias é a máis grande das abertas na comunidade.

 

fonsagrada

 

Grabación da apertura da fosa de Fonsagrada, cas declaracións de:
Guillermo Arias Rodríguez: Octoxenario que xunto co seu irmán, os 12 e 14 anos respectivamente foron obligados a cavala fosa. O irmán pequeno fala de como se viron obligados a cavala fosa así como da experiencia vivida e do silencio que tiveron que gardar.
Víctor Lombardía López
María Jesús López
Avelino Ríopedre López
Xosé Álvarez Díaz
José Arias Fernández
Manuel Méndez Fernandez
Estes seis veciños da Fonsagrada colaboraron con nós dando a súa versión dos feitos que tiveron lugar en Outubro de 1937 nos bosques do Acebo.

 

fonsagrada2

 

28-08-07 FOSA AMENAL.

Dirixido polo arqueólogo Javier Ortiz, a ARMH realiza a exhumación en dúas fosas comúns, unha no concello de Ames e outra no Amenal (concello do Pino), para recupera-los restos de once veciños de Boimorto, nove deles concelleiros na corporación municipal, asasinados o 20 de agosto do 1936.
Grabación da apertura da fosa de Boimorto, cas declaracións de:
María Esther Vázquez Filloy
Lucía Filloy López
Neta e Bisneta dun dos fusilados na Fosa de Boimorto. No seu testimonio relatan a historia do seu avó.
Carmen Suárez Barreira
Carmen María Alonso Vázquez
Neta e bisneta dun dos fusilados. No seu testimonio, fálanos da historia do seu avó.

 

28-08-0 FOSA AMES.

Apertura da fosa de Ames, na Igrexa de Ortoño, segunda do concello do Pino, xunto a anterior fosa, en total foron once os asesinados, nove ediles, un sindicalista e un xoven alleo á actividade política, ademais de un duodécimo perseguido que conseguiu fugarse tras recibir varios impactos de bala.

 

03-09-07 FOSA PONTEAREAS.

Levantamento das fosas de Ponteareas, as primeiras que se exhuman en territorio eclesiástico. Trátase de dúas foxas que se atopan nos adros das igrexas das parroquias de Xinzo e de Areas. É a primeira vez que se realizan labores de exhumación en territorio eclesiástico. Tanto o Bispado de Tui-Vigo como as Delegacións de Sanidade e Patrimonio deron o visto bó ao inicio destes traballos.
A primeira das foxas, a da Areas, sitúase nun lateral da igrexa desa parroquia. Cinco porriñeses (Saturnino Vila Quiroga, Serafín Rodríguez, Manuel Pérez Vila, José Ramírez Vila e José Rodríguez Carrera) foron asasinados preto dese lugar, no Porto de Outeiro, na estrada de Gulans, o 29 de decembro de 1936, nunha saca que implicou realmente a un total de oito veciños de Porriño. Sen embargo, a dous deles os falanxistas decidiron asasinalos un pouco máis adiante, en Fozara, e outro que conseguiu fuxir, gravemente ferido, foi morrer nun punto da parroquia de Oleiros, no concello de Salvaterra do Miño.
A foxa de Xinzo ubícase na parte traseira da igrexa desa parroquia. Alí foron enterrados un grupo de oito pontevedreses: cinco veciños de Vigo (Manuel Cividanes, Manuel Álvarez Pereira, Manuel Enrique Quintas Figueroa, Serafín Chaves Vispo e Perfecto Méndez Pastoriza) e al menos dous da bisbarra do Morrazo (Clemente Calvar Solla e Ángel Rodal Blanco), tras ser asasinados nas voltas do Pinal do Foxo, na antiga estrada que baixa do Confurco, un lugar da memoria negra da bisbarra.
Grabación da apertura da fosa de Ponteareas.
Recollemos alí a declaración de catro familiares que presenzan o levantamento dos corpos:
Clemente Vila Bugarin
José Ramírez Lemos
Antonio Alexandre Ramos
Dolores Ropal Blanco

 

Flores_tristes

Unha película documental de
Teo Manuel Abad